A pantalla da aplicación queda totalmente negra despois dun tempo. Que facer?

Na maioría dos casos, a pantalla totalmente negra despois dun tempo de uso débese a algún ficheiro do sistema da aplicación que se danou. Segue os pasos que se indican a continuación, nesta orde.

Observación: se a imaxe negra aparece só na Captura de pantalla, mentres a TV reproduce vídeos de YouTube ou de Vimeo, consulta A captura de pantalla mostra unha imaxe totalmente negra.

1. Limpa a caché

  1. No panel de control, accede á TV.
  2. Fai clic na opción Limpar caché.

2. Reinstala a aplicación

Desinstala a aplicación do aparello e volve instalala. Non abonda con actualizala: se hai un ficheiro danado, só a reinstalación pode resolver o problema.

Importante: ao reinstalala, a aplicación xera un novo código de activación, e tes que desvincular e volver vincular a TV. Consulta como desvincular unha TV e como vincular unha TV.

3. Restaura o aparello

Accede á configuración do aparello e usa a opción Resetear ou Restablecer para volver á configuración de fábrica. Este paso está indicado para os casos en que se danou un ficheiro do sistema.

Se nada o resolve

Se ningunha das opcións anteriores resolve o problema, é posible que teñas que substituír o aparello por outro. Consulta a lista de aparellos Android recomendados.

Non atopaches o que buscabas?

Ponte en contacto co noso equipo de soporte.

Contactar co soporte