O meu vídeo en alta definición vai lento ou trábase na TV. Por que?
Cando envías un ficheiro, Adeus Pendrive optimízao en resolución e bitrate, sen afectar de forma perceptible á calidade final. O que non cambia é o framerate (fps) do ficheiro orixinal.
Por iso, mesmo en resolucións máis baixas, o aparello que reproduce o vídeo ten que admitir o fps do ficheiro enviado. Se o fps é maior do que o aparello admite, o vídeo pode ir lento ou trabarse.
Que adoitan admitir os aparellos
| Formato | Resolución | Compatibilidade |
|---|---|---|
| FullHD/30fps | 1920x1080 | A maioría dos aparellos actuais admíteo moi ben |
| 4K/60fps | 3840x2160 | Só algúns aparellos máis potentes |
Aínda que envíes un ficheiro 4K, pódese reproducir en aparellos compatibles con FullHD, sempre que o fps do ficheiro estea dentro do límite que admite o aparello. Na maioría dos casos, ese estándar é 30fps.
Consello: se o teu aparello admite como máximo 30fps, envía vídeos de ata 30fps.
Como saber que admite o teu aparello
Se non sabes se o teu aparello admite framerates máis altos:
- Consulta as especificacións técnicas do aparello.
- Axusta a calidade de reprodución dos vídeos na configuración da TV.
- Contacta co noso servizo de asistencia para recibir axuda.
Ver tamén: Cal é a resolución admitida para os vídeos? e O meu vídeo non se reproduce na TV