O dominio corporativo ten un certificado SSL non válido ou inseguro. Que fago?

Logo de facer o apuntamento, é normal que o panel de control corporativo amose un erro de certificado SSL durante algunhas horas. Se o erro continúa, a causa probable son uns rexistros CAA do dominio incorrectos ou incompletos.

Agarda a propagación

  • Despois de configurar o apuntamento, o dominio pode tardar ata 72 horas en funcionar ben. O máis habitual é que tarde poucas horas.
  • Nas primeiras horas, ao acceder ao panel de control corporativo, pode aparecer un erro de certificado SSL non válido. A propagación dos certificados pode tardar ata 2 horas.

Se o erro continúa, axusta o rexistro CAA

Tes dúas opcións. Fai unha delas no editor de zona DNS do teu dominio.

Opción 1: engadir a información na zona CAA

  1. Accede ao editor de zona DNS do dominio.
  2. Na zona CAA, engade a información da táboa seguinte.
Tipo de rexistroValor
CAAissue "digicert.com"

Opción 2: eliminar o rexistro CAA do subdominio

  1. Accede ao editor de zona DNS do dominio.
  2. Elimina o rexistro CAA do subdominio que apunta aos servizos de Adeus Pendrive.

Importante: elimina só o rexistro CAA dese subdominio. Non é necesario eliminar por completo o rexistro CAA do dominio principal (dominio raíz).

Mira tamén

Non atopaches o que buscabas?

Ponte en contacto co noso equipo de soporte.

Contactar co soporte