A imaxe da aplicación aparece cortada na TV. Que facer?
A imaxe cortada adoita deberse a un axuste de escala ou de imaxe no aparello conectado á TV, ou na propia TV. Mira a continuación que facer en cada caso.
PC con Windows conectado á TV
Se usas un PC con Windows conectado a unha TV, Windows pode axustar a visualización a unha escala maior ca a predeterminada, e a aplicación queda coa pantalla cortada.
- Fai clic co botón dereito do rato no escritorio de Windows.
- Escolle a opción Configuración de pantalla.
- Na xanela que se abra, vai ata a opción Escala.
- Cámbiaa a 100%.
- Reinicia o ordenador.
Axuste de imaxe da TV
Se isto non o soluciona, ou se usas outro tipo de aparello, comproba na configuración da TV se o axuste de imaxe está en Axuste automático, 16:9 ou noutra opción.
Normalmente o Axuste automático é suficiente, pero nalgúns modelos pode ser necesario probar outras opcións ata que a imaxe encaixe.
TV Box con Android
Algúns modelos de TV Box con Android teñen unha opción de Zoom que fai que a imaxe quede cortada en todas as esquinas da pantalla. Nese caso, axusta o Zoom na configuración do aparello Android.